Almorzo de Traballo:
Excelentísimo Sr. D. Francisco José Conde López,
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
Organizado polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, na súa Delegación de Lugo
DATA:
Luns, 1 de agosto de 2016
HORA:
9:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Delegación de Lugo do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
Praza de Santo Domingo 8-10, 3ºA Lugo.
DIRIXIDO A:
Enxeñeiros Industriais colexiados, con prioridade para os practicantes do exercicio libre da profesión que visan a cotío proxectos, direccións de obra e outros documentos afíns relativos á temática da xornada, así como outros colexiados potenciais visadores deste tipo de traballos profesionais.
PROGRAMA:
Durante o almorzo de traballo co máximo responsable da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, os asistentes debateremos e comentaremos todas as cuestións técnicas, xurídicas e administrativas que resulten de interese para o noso colectivo e para a nosa profesión, e especialmente todas as relativas ás competencias e ás atribucións propias dos enxeñeiros superiores industriais. Así, tratárense temas tales como:
- O papel do enxeñeiro superior industrial no desenvolvemento da provincia lucense
- O Rexistro Unificado de Empresas (RUE)
- O Control Administrativo. O Intrusismo profesional. A Lei 12/1986 de Atribucións Profesionais
- As moitas vantaxes do Visado fronte á declaración responsable
- Industria 4.0
- A oficina Doing Bussines de Galicia
- O polo tecnolóxico e industrial de Rozas
PRAZAS: 20
Asignaranse por rigoroso orde de inscrición. Preferencia para os colexiados en exercicio libre da profesión que exercitan o visado.
NOTA DE PROTOCOLO:
Etiqueta:
- Cabaleiros – Traxe escuro
- Damas – Traxe curto
Os colexiados e demais asistentes deberán chegar á Delegación cunha antelación de quince minutos ao comezo do almorzo, sobre as 8:45 horas.
INSCRIPCIÓN:
Gratuíta. Os colexiados interesados en asistir a este evento deberán comunicalo a través del correo electrónico a cingall@icoiig.es
Se unha vez inscrito, xurde algún inconveniente, prégase comunicar a baixa un día antes da celebración do mesmo.
Para máis información sobre esta xornada e sobre outros eventos, consultar a páxina web do Colexio www.icoiig.es e/ou en icoiig.com/Lugo.







