Acto de presentación do proxecto
Lugo Smart City
Organizado polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, na súa Delegación de Lugo
Presentación do proxecto Smart Cities Lugo por parte da Excma. Sra. Alcaldesa de Lugo Lara Méndez e do máximo responsable do mesmo, para explicar o alcance, o contido, e os posibles nichos de mercado ao noso colectivo técnico, xa que a maioría das actuacións a desenvolver e a realizar son competencias e atribucións propias dos enxeñeiros superiores industriais, con liñas de acción concretas para a procura dunha xestión intelixente e sostible en diversas materias, tales como, eficiencia enerxética, residuos sólidos urbanos, electrónica e automática, programación, software, urbanismo, redes eléctricas intelixentes, alumeado público e demáis infraestruturas urbanas.
DATA:
Venres, 2 de setembro de 2016
HORA: 9:00
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Delegación de Lugo do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
Praza de Santo Domingo 8-10, 3ºA Lugo.
DIRIXIDO A:
Enxeñeiros Superiores Industriais colexiados ICOIIG.
Xerentes e Directivos de empresas TIC que amosen algunha vinculación con colexiados do ICOIIG.
CONTIDO:
Presentación do proxecto Smart Cities que o Ministerio de Industria, Energía y Turismo acáballe de conceder Concello de Lugo (2.08.2016), enmarcado dentro da II Convocatoria de Cidades Intelixentes, e que conta cun orzamento de 4,1 millóns de euros a través de Red.es, FEDER e o propio Concello, que ademais da posta en marcha da Plataforma Smart de Integración, presentará as seguintes liñas básicas de acción:
- Administración electrónica, co que se pretende unificar todas as tarefas administrativas internas e de seguridade (985.000 euros)
- Plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais baseado no GIS (sistema de información xeográfica) para a xestión administrativo, económica, urbanística, ocupación da vía pública, infraestruturas e mobiliario urbano (82.700 euros)
- Tarxeta intelixente. Incluiría ademais do pago de transporte urbano que xa se pode realizar a día de hoxe, o pago de taxas municipais ou a autenticación en administración electrónica, entre outras (190.000 euros).
- Portal de Transparencia. Reforzo do actual, posto en marcha o pasado mes de maio, que inclúa ademais un portal de Goberno Aberto ou indicadores de transparencia (80.450 euros)
- Xestión intelixente do aparcadoiro para 200 prazas -previsiblemente no centro da cidade-, a través dunha rede de sensores inalámbricos instalados no asfalto, que detectarán o peso dun vehículo, o que indicará que existe ou non unha praza libre de aparcadoiro a través dunha APP, que contará cun sistema de guiado ata a praza libre máis próxima (267.000 euros)
- Xestión de residuos sólidos urbanos, mediante o que se instalarán sensores de almacenamento conectados vía GPRS ou 3G nos colectores, principalmente para os do territorio rural, cun software central, o que indicará se é necesario ou non pasar a recoller o lixo, co que se aforrará neste servizo, posto que se paga por desprazamento e tonelada recollida (607.400 euros)
- Xestión de eficiencia enerxética en 6 dependencias municipais: Concello, Seminario, Piscina das Canteiras e de Frigsa, CEI-NODUS e Centro Social Uxío Novoneyra) (459.000 euros)
- Xestión da iluminación pública na contorna urbana e rural, con regulación de fluxo lumínico a través de dispositivos de control (128.300 euros)
- Xestión dos colectores de auga: que permite a lectura e supervisión a través de GPRS ou 3G (233.300 euros)
PRAZAS: 20
Asignaranse por rigoroso orde de inscrición.
NOTA DE PROTOCOLO: (recomendable)
Etiqueta:
- Cabaleiros – Traxe escuro
- Damas – Traxe curto
Os colexiados e demais asistentes deberán chegar á Delegación cunha antelación de quince minutos ao comezo do acto, sobre as 8:45 horas.
INSCRIPCIÓN:
Gratuíta. Os interesados en asistir a este evento deberán comunicalo a través do correo electrónico a cingall@icoiig.es
Se unha vez inscrito, xurde algún inconveniente, prégase comunicar a baixa un día antes da celebración do mesmo.
invitación _ presentación proxecto LUGO SMART CITY
Para máis información sobre esta xornada e sobre outros eventos, consultar a páxina web do Colexio www.icoiig.es, en icoiig.com/Lugo, e en www.lugo.gal







