Reunión con D. José Manuel Balseiro Orol.Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Manuel Colmenero, Delegado de Lugo do ICOIIG, felicitou persoalmente, en nome de todo o noso colectivo profesional, a D. José Manuel Balseiro Orol polo seu novo cargo como Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
En espléndida sintonía, procedeuse nesa primeira reunión á presentación do noso Ilustre Colexio Oficial, e en concreto, do colectivo lucense formado polos enxeñeiros superiores industriais colexiados.
Para iso, nada foi mellor, dados os nosos variopintos campos de traballo e especializacións, acordes en todo caso, coa nosa polivalencia, coa nosa formación superior, e coas atribucións profesionais recolleitas en Lei, que a enumeración de varios exemplos reais en enxeñaría e en consultaría, tales como parques eólicos, liñas eléctricas, naves industriais, instalacións, urbanismo, comunicacións, software a medida, produción, loxística, etc, tanto en deseño e en execución, como en mantemento, como probas claras de constatación da importancia que xa tivo, que ten, e que sen dúbida seguirá tendo, o Enxeñeiro Superior Industrial en canto ao desenvolvemento económico desta provincia.
Sobre a mesa tamén se tratou, aínda que lixeiramente, a problemática do intrusismo profesional, así como o control que corresponde exercer sobre iso á Administración, e a concreción de próximas citas para principios do próximo ano, co noso Decano e co Director de Xestión, para concretar xa actuacións dentro das liñas de colaboración nas que tanto a Xunta como o ICOIIG deben traballar en prol da mellora e do progreso da sociedade lucense.







