A Axencia Galega de Innovación (GAIN),en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organiza a xornada
“Oportunidades de Financiamento en Eurostars”
Venres 18 de xullo de 2014, de 10.00 a 12.30h no CIS Deseño e Tecnoloxía en Ferrol.
O obxectivo desta xornada é informar sobre o programa Eurostars cuxo obxectivo é apoiar ás PEMEs intensivas en I+D, que desenvolvan produtos, procesos e servizos innovadores, para aumentar a súa vantaxe competitiva. Contará coa posibilidade de manter reunións bilaterais con técnicos de CDTI e GAIN para o cal terá que enviar a ficha de proxecto antes do 15 de xullo ao correo informa.gain@xunta.es.
Pode consultar o programa e cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón
Tamén está previsto retransmitila por videoconferencia dende A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.







