A Axencia Galega de Innovación (GAIN),en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) organiza a xornadas
“CDTI e GAIN: Instrumentos de Financiamento e Apoio”
Xoves 26 de xuño de 2014, de 12.00 a 14.00h no Centro de Supercomputación de Galicia en Santiago de Compostela.
O obxectivo da xornada é dar a coñecer as oportunidades de financiamento que ofrecen CDTI e a Axencia Galega de Innovación, con especial atención ao Programa Cien. Contará coa posibilidade de manter reunións bilaterais con técnicos de CDTI para o cal terá que enviar a ficha de proxecto antes do 20 de xuño ao correo informa.gain@xunta.es.
Pode consultar o programa e cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón.
Tamén está previsto retransmitila por videoconferencia dende A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.







