Os concellos de Abegondo, Bergondo e Carral uniron forzas para apostar pola eficiencia enerxética nos seus sistemas de iluminación pública. Os tres concellos acaban de completar un proxecto conxunto para a renovación da iluminación en varias zonas dos tres territorios.
A actuación consistiu na instalación de sistemas de baixo consumo para a iluminación pública. Os traballos supuxeron o cambio de lámpadas e luminarias de 289 puntos de luz.
Con este plan, Abegondo, Bergondo e Carral logran un importante aforro na factura eléctrica, ademais de contar con sistemas que promoven a sostibilidade. En concreto, o proyecto suporá un aforro enerxético de 123.637 kilowatios ao ano e de 17.273,55 euros ao ano. En Abegondo, os traballos efectuáronse nos núcleos de Damil (parroquia de Figueroa) e A Saleta (parroquia de Presedo). En Bergondo, en Rois e na Costa de Ouces. E en Carral, en Tarroeira de Tabeaio e na rúa Víctor Velasco.
O orzamento total da actuación foi de 139.153,38 euros. Os tres concellos lograron o financiamento do Instituto de Enerxía de Galicia (Inega) para o conxunto do proxecto.
Os tres concellos agrupáronse nesta materia xa que presentan unha necesidade similar. As facturas da iluminación pública constitúen un dos principais gastos, polo que os tres alcaldes apostan por introducir os novos sistemas de baixo consumo que procuren un importante aforro, á vez que non prexudican o medio ambiente.











Pingback: Bitacoras.com