A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) invítante a presentar a túa candidatura á primeira edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia. Estes galardóns nacen coa vontade de recoñecer o traballo dos investigadores e dos empresarios que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Os premios convócanse en dúas modalidades:
| Mellor traballo de investigación aplicada | Mellor caso de éxito empresarial |
| Premio ao mellor traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000 euros netos, máis 4.000 euros para a formación dun membro do equipo nun centro de investigación de fóra de Galicia. | Premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía, dotado con 12.000 euros netos. |
Más información en: Premios Transferencia tecnología






