A Axencia Galega de Innovación (GAIN) informa do PROGRAMA GALICIA 1000, impulsado pola Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE, e que supón unha oportunidade de financiamento para as empresas innovadoras galegas.
O PROGRAMA GALICIA 1000, baséase nun paquete financeiro que activará un conxunto de instrumentos que incidirán na estrutura financeira das empresas galegas de xeito integral.
Con este programa, a Xunta colabora co empresariado galego nas diferentes situacións financeiras que poida atravesar, co obxectivo de que ningún proxecto viable quede sen levarse a cabo por falta de financiamento, e impulsando a rexeneración do tecido produtivo, a recapitalización das empresas e a execución de novos investimentos encamiñados á creación de riqueza e emprego.
Os principais instrumentos son:
Os préstamos Jeremie-Igape constitúen unha das partes fundamentais do programa de financiamento empresarial Galicia 1000, co que a Xunta apoiará 1.000 novos proxectos empresariais dando resposta ás distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación, e que inclúe ademais instrumentos como o capital risco, préstamos participativos, préstamos bancarios bonificados para investimentos, préstamos avalados e garantías para o financiamento de operacións de circulante.
Esta pioneira liña de financiamento que vén de ser activada conta cunha dotación inicial de 8 millóns de euros. Financiarase ata o 70% dos proxectos de novos investimentos, ampliación de instalacións ou diversificación da produción con préstamos de ata 1,5 millóns. As bonificacións previstas permitirán que os xuros efectivos resultantes poidan ser inferiores ao 1,3%. O prazo límite de presentación de solicitudes é o 30 de Xuño de 2015.
Apoio a Pemes e microempresas: financiamento de investimentos e circulante
Ten como obxectivo facilitar as pemes o acceso a financiamento de activo corrente, con operacións de 3.000 ata 150.000€. O prazo de presentación remata o 31 de Outubro de 2014.
Oferta financiamento subsidiado para investimento asociado de operacións de 25.000€ ata 1.050.000€. O prazo límite de presentación é o 20 de Novembro de 2014
Oferta financiamento subsidiado para o investimento asociado de operacións de ata 25.000€. O prazo de presentación remata o 20 de Novembro de 2014
Estes instrumentos financeiros son compatibles con outras axudas públicas.
Máis información:
http://www.igape.es/es/invertir-en-galicia/financiamento







