Xornada técnica:
Unha ferramenta para o deseño de empresas seguras e saudables
Que terá lugar o venres 25 de abril ás 09,45 horas no Centro ISSGA da Coruña, rúa Doutor Camilo Veiras, 8. 15006 A Coruña.
Para máis información e inscrición pode consultar no apartado de formación da nosa páxina web, www.issga.es, ou dirixirse ao Centro do ISSGA onde terá lugar esta acción formativa, tlf.: 981 182 320, fax: 981 182 332.
Programa
09.45 RECEPCIÓN E ENTREGA DE DOCUMENTACION
10.00 PRESENTACIÓN.
José Rega Piñeiro. Xefe do Centro de Seguridade e Saúde Laboral da Coruña
10.15 MARCO DE REFERENCIA EUROPEO EN PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO (PST).
Relatora: Dra. Mª Dolores Solé Gómez. Xefa da Unidade técnica de Medicina do Traballo do CNCT de Barcelona
11.00 PAPEL DO INSHT NAS POLÍTICAS PÚBLICAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE NO TRABALLO (PST).
Relator: Dr. Francisco Marqués Marqués. Subdirector técnico do INSHT (Madrid)
11.45 DESCANSO.
12.15 PROMOVER A SAÚDE NA EMPRESA, UNHA PARTE DA MEDICINA DO TRABALLO A CONSIDERAR.
Relatora: Dra. Nieves Lorenzo Espeso. Xefa do Equipo técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña
12.45 GAS NATURAL FENOSA: UNHA EMPRESA SEGURA E SAUDABLE.
Relatores :Dra. Elena Marina Martínez. Subdirectora Saúde de Gas Natural Fenosa
Dr. Jesus Aparicio Fernández. Saúde Gas Natural Fenosa
13.30 COLOQUIO E PECHE











