BECAS SANTANDER DE PRÁCTICAS EN PYMES. SANTANDER CRUE CYME
Xa está dispoñible a inscrición no programa “Becas Santander de Prácticas en Pymes. Santander CRUE CEPYME 2015″ . Nestas bolsas poden inscribirse empresarios autónomos e PEMES, para recibir a estudantes universitarios para realizar prácticas nas súas empresas. A duración destas prácticas é de 3 ou 6 meses a xornada completa ou media respectivamente, con unha remuneración de 600 € brutos (300€ no caso de media xornada) sufragada íntegramente polo Banco Santander.
O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro de 2014, e a inscrición faise na páxina www.becas-santander.com
Co fin de mellorar a adecuación da súa oferta ás titulacións da UDC enviámoslle o enlace no que pode consultar a oferta educativa da nosa institución (grao e mestrado) http://estudos.udc.es/gl/degrees
Para calquera aclaración, non dubide en contactar connosco.
SAPE-EmpregoUDC
Pavillón de Estudantes, 1º Andar
Campus de Elviña
15701 A Coruña
emprego.vedc@udc.es
https://twitter.com/Empregoudc
https://www.facebook.com/pages/Emprego-UDC/610846262289746
981167000 Ext: 2916, 2903, 2901











