O próximo martes, 11 de marzo, no Centro Cívico de Cerceda desenvolverase unha xornada informativa para dar a coñecer as actividades que se desenvolverán dentro da iniciativa FACTORIA DE INNOVACIÓN DE A CORUÑA. Un novidoso Centro de Excelencia dedicado ao desenvolvemento do potencial innovador das pemes e organizacións empresariais da provincia, e, facilitar ás empresas a posta en marcha dos seus proxectos innovadores para contribuír a dinamizar a actividade empresarial e a mellorar os procesos de produción e xestión, favorecendo a implantación de iniciativas de I+D e innovación. As persoas emprendedoras e pemes galegas interesados en asistir poderán inscribirse no ou en fdi_acoruna@eoi.es a través do seguinte formulario de inscrición
FACTORIA DE INNOVACIÓN DE A CORUÑA_ CERCEDA, 11 DE MARZO 2014. CENTRO CÍVICO
A factoría ten como finalidade facilitar ás empresas a posta en marcha dos seus proxectos innovadores para contribuír a dinamizar a actividade empresarial e a mellorar os procesos de produción e xestión, favorecendo a implantación de iniciativas de I+D e innovación. Está promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña; e cofinanciada polo FEDER e polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
PROGRAMA
- 20.15h:: REXISTRO ASISTENTES
- 20:30h:: BENVIDA
- 20.45h:: PONENCIA “VENDER MÁIS E MELLOR: O RETO DE INNOVAR”
- 21.15h:: PONENCIA “INNOVAR EN LA FDI_CORUÑA. APÚNTATE
- 21.45h:: NETWORKING










